O Ministerio de Industria adianta "boas noticias" sobre Alcoa

A Ministra de Industria di que en "os próximos días" espera dar "boas noticias" sobre Alcoa. Reyes Maroto informa que xa se reuniu con investidores interesados nas plantas da Coruña e Avilés, que a empresa de EE.UU. quere pechar.


|

A Ministra de Industria di que en "os próximos días" espera dar "boas noticias" sobre Alcoa. Reyes Maroto informa que xa se reuniu con investidores interesados nas plantas da Coruña e Avilés, que a empresa de EE.UU. quere pechar.


Protesta contra o peche de Alcoa, na Coruña

Protesta dos traballadores de Alcoa este luns


A política socialista non concretou o nome dos posibles investidores pero indicou que xa se están facendo estudos para determinar a situación das industrias. A Xunta leva días reclamando ao Estado que modifique xa e de maneira estable o prezo da luz que pagan industrias grandes consumidoras, como a do aluminio, para así poder atraer investidores interesados en facerse cargo do que Alcoa pretende abandonar.


En declaracións esta mañá en Radio Nacional de España, referíndose tanto ao caso de Alcoa como a Vestas (a eólica danesa que pretende pechar a súa planta en León e que ten outra planta en Ribadeo) , a ministra mesmo abriu a porta a que os hipotéticos novos investidores faciliten a creación de postos de traballo.


Reyes Maroto admitiu que España sofre nos últimos meses un abandono constante de importantes proxectos industriais (Alcoa, Cemex, Vestas, etc.). A ministra culpou ao anterior goberno do PP de carecer de política industrial e de captación de investidores estranxeiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE