Falsifica as redes sociais da súa parella para que a violen

O arrestado, de 45 anos, ten antecedentes penais e xa pasou a disposición xudicial

|

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home, de 45 anos, ao que se lle acusa de falsear os datos da súa parella en redes sociais para inducir a outros a "acosala" e a "solicitar servizos de sexo dominante e violacións" para a muller.



Comisaria policia nacional lugo


Ao home impútanselle un delito de revelación de segredos, xa que informaba a outras persoas das "rutinas" da muller e o seu lugar de traballo --entre outras cuestións--, así como un delito de violencia de xénero.


FOTOS SUBIDAS SEN O SEU PERMISO

A muller decatouse por terceiras persoas de que existían "perfís falsos con fotografías súas" en distintas redes sociais. De feito, segundo consta no relato policial, algún home chegou a presentarse no lugar de traballo da denunciante e outros a contactar con ela na vía pública.


Por mor da denuncia, interposta o día 26 en Comisaría, os axentes iniciaron unha investigación e interceptaron e revisaron as conversacións en redes sociais de contactos, lograron identificar á persoa detida, que está "casado" pero "mantiña unha relación sentimental" coa denunciante. 


Á muller vítima das actuacións do detido enganáraa desde o principio da relación asegurando que estaba "viúvo", que "vivía coa súa cuñada e axudáballe a arranxar os papeis para quedar en España".


O detido creara nas redes sociais un perfil "falso" no que mostraba fotos da muller, algunha delas "comprometidas", coa finalidade de "establecer conversacións con outros homes". 


O detido "instaba a outros usuarios para acosar á súa parella e a solicitar servizos de sexo dominante e violacións" para a muller, de maneira que "informaba ao usuarios de rutinas da súa parella, os seus datos persoais, lugar de traballo e domicilio".


DETIDO

O pasado venres foi localizado e detido o home, que tentou ocultar o seu teléfono. Os investigadores puideron comprobar que o terminal telefónico tiña instalada unha das aplicacións de contactos.


Ademais, estableceuse un dispositivo policial para "evitar a posible agresión sexual" da muller, xa que o detido instara para o propio venres 26 a acudir á saída do traballo da súa parella "a fin de abordala, secuestrala e mesmo forzala". O home, con antecedentes penais, pasou o pasado sábado a disposición xudicial.


Neste dispositivo interviñeron axentes do Grupo de Delincuencia Especializada e Violencia e o Grupo da Unidade de Familia e Atención á Muller da Brigada Provincial de Policía Xudicial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE