O Breogán leva o primeiro derbi galego en 17 anos

A vitoria dos locais no derbi por 69-56 deixa aos lucenses cun record de 2-4, o mesmo que Obradoiro.


|

A vitoria dos locais no derbi por 69-56 deixa aos lucenses cun record de 2-4, o mesmo que Obradoiro.


Breogan Obradoiro

Cvetkovic, do Breogán, coa pelota  / Foto: ACB


En outubro do primeiro ano do S. XXI o programa Windows XP saía ao mercado, estreábanse nos grades pantallas as sagas de Harry Potter e O Señor dos Aneis, José María Aznar presidía España e os Lakers de Shaq e Kobe presidían a NBA. Moito cambiou o mundo nese tempo, especialmente para Cafés Candeas Breogán e Monbus Obradoiro, dous equipos que tardaron 17 anos en volver verse as caras na máxima categoría do baloncesto español. O derbi galego levoullo o conxunto lucense por 69-56, cultivando o segundo triunfo da tempada, o segundo en casa, e collendo resuello para unha tempada que vai ser moi difícil.


Os locais saltaron ao parquet moito máis enchufados que os composteláns e máis decididos a darlle unha alegría ao seu público, que levo polo aire ao seu equipo desde o salto inicial. Con todo, o duelo non empezou da mellor maneira para os celestes, que viron como a que aos dous minutos de xogo Kinsey abandonaba a cancha por lesión. Con todo, o primeiro cuarto pechouse cunha clara superioridade celeste, 16-9, grazas en gran medida ao desatino dos visitantes.


O segundo cuarto foi máis embarullado pola entrada dos reservas, que se cargaron moi pronto de faltas, e o marcador viuse resentido pola falta de circulación e os erros desde o perímetro. Con todo, e a pesar de que ningún dos dous deu a talla, o Breogán foi o que menos fallou e foise ao descanso cun 31-18 que deixaba o duelo moi encarrilado.


O segundo período arrincou en forma de espellismo, xa que sostidos por un fabuloso Kostas Vasileiadis desde o triplo o Obra pareceu recompoñerse, pero Alec Brown devolveu aos santiagueses á realidade con outros tres puntos. Aí apareceu a mellor versión de Sergi Vidal, o máis destacado do encontro e o verdugo do equipo de Moncho Fernández. Con 12 puntos, catro rebotes e outras tantas asistencias, o veterano escolta deu unha lección de xogo e permitiu ao Breo chegar ao último cuarto cun 51-38 no tenteador.


O último asalto foi igualado, aínda que os de Lugo non deron opción a deixar saír a vitoria do seu pavillón. Con todo, o Obra quedou a só catro puntos de igualar a contenda, pero non foi suficiente e os locais, apoiados nun bo Cvetkovic, puxeron máis terra polo medio ata selar o definitivo 69-56. As dúas escuadras galegas pechan a xornada cun record de dúas vitorias e catro derrotas. Vai ser un ano complicado para ambos, pero hai baloncesto para longo na nazón de Breogán.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE