O operador galego Oceans Network en concurso de acredores

A compañía asegura que o concurso protexe aos seus clientes mentres retoma o funcionamento normal grazas a un novo grupo investidor.


|

A operadora virtual coruñesa Oceans Network está en situación concursal desde o 12 de setembro, segundo un auto do xulgado mercantil número 1 da Coruña. A pesar de que desde esa data o administrador único da empresa está suspendido e sometido a un administrador nomeado desde o xulgado,  a empresa segue prestando servizo aos seus clientes e asegura que seguirá adiante.


Internetordenador


Durante estes anos, Oceans Network captou un importante número de clientes ofrecendo algunhas das ofertas máis competitivas do mercado e en nichos como a banda ancha para o rural. Con todo, esta primavera desatouse unha importante crise, ao permitir a CNMV que Telefonica lle cortase a subministración -Oceans non ten rede propia-, por reiteradas falta de pagamentos, que Oceans asegurou estaban camiño de liquidarse.


Isto deixou sen servizo da internet durante días a numerosos clientes, que asolagaron as redes sociais coas súas protestas. Oceans prometeu por entón a non cobrar o facturado e seguiu operando con outro provedor, lanzando novas ofertas este outono.


DECLARACIÓNS DA EMPRESA

En declaracións en Economiza.com, "OCEANS asegura polo seu lado que dispón dun grupo investidor que está xa apostando pola empresa para poder retomar o funcionamento normal da empresa e reactivar os activos financeiros da empresa pero que segundo eles o servizo está totalmente garantido para os seus clientes".


Entre as partes citadas no procedemento de concurso abreviado figuran Coremain ou a comunidade de propietarios de  a sede da compañía na Coruña.


O mercado español de operadores de telefonía viviu no seu día un gran boom de operadoras virtuais, moitas das cales foron perecendo. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE