Nuno Pico e a súa primeira banda refundan 'Oh! Ayatollah' baixo o nome de 'Portosanto' co seu primeiro single

'Ten que haber un sitio para nós' é o título do primeiro sinxelo e do álbum debut que verá a luz na primavera.


|

Image
Portosanto

 

Houbo un tempo no que foron algo máis novos do que son hoxe en día. Era un tempo nos que Anaís, Andrés, Nuno, Simón e Xoel trasteaban con instrumentos en garitos que anunciaban para ese día o concerto de 'Oh! Ayatollah'. Cos anos foron tomando camiños distintos, co exemplo de Nuno Pico á fronte de 'Grande Amore', abrindo o seu propio camiño na música. Anos despois, a vella banda volve reunirse, agora baixo un novo nome e cos ánimos renovados. 

 

 

UN NOVO CAMIÑO

Baixo o selo de Ernie Records lánzanse nesta nova experiencia baixo o nome de 'Portosanto'. A súa posta de escena chega a través de 'Ten que haber un sitio para nós', o sinxelo co que despegan nesta nova aventura e que dará título ao álbum debut co que se darán a coñecer nuns meses.

 

Esta é a primeira pedra de toque deste reencontro que en pouco ou nada se parecerá a 'Oh! Ayatollah', pois agora se presentan cunha identidade nova nunha escena que cambiou moito desde aquel último concerto. Agora, o cinco músicos buscan, de novo, transitar unha senda onde se atreverán a "tensar, cuestionar e afinar cada idea até convertela en algo común". 

 

 

O disco chegará na primavera e, até entón, 'Portosanto' buscará ese sitio prometido e que aínda non atoparon, a pesar dos moitos intentos por abrir paso a cotenadas e golpes de guitarra se fai falta. "O resultado é unha canción directa, con vocación de himno íntimo, que atopa luz precisamente no recoñecemento da incerteza", detallan desde Ernie Records, que lles presenta este trampolín para lanzar á piscina, conscientes de que agora na escena galega hai moita auga e sitio para que todos poidan nadar e atracar no lugar que lles corresponde. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE