"Cabezazo" dun sindicalista a outro nas eleccións de PSA Citroën

A tensión entre os sindicatos de clase e o SIT -a central propia da factoría, que volveu arrasar nos comicios- desembocou nunha agresión a un sindicalista, denuncia CC.OO.


|

A tensión entre os sindicatos de clase e o SIT -a central propia da factoría, que volveu arrasar nos comicios- desembocou nunha agresión a un sindicalista, denuncia CC.OO.


O Sindicato Independente de Traballadores (SIT) revalidou a súa maioría absoluta no comité de empresa da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, co 62,85 por cento dos votos, nos comicios que se celebraron este domingo e este luns.


Eleccións sindicais en PSA Vigo 2018

Segundo os resultados trasladados polos sindicatos, dos 33 membros do comité de empresa, o SIT contará con 20 delegados, os mesmos que ata agora. Mentres, UXT obtivo o 12,47 por cento dos votos, o que lle outorga 4 delegados (dous menos). Os mesmos delegados, 4, terá a CUT (que ata agora tiña dous representantes), cunha porcentaxe de votos do 10,82 por cento.

Por outra banda, CC.OO. obtivo o 8,66 por cento dos respaldos e conserva os seus 3 delegados; e a CIG tamén mantén os seus 2 delegados, tras conseguir o 5,20 por cento das papeletas.

CENSO DE 6.000 PROLETARIOS
Nesta cita, uns 6.000 traballadores foron chamados ás urnas, e houbo un índice de participación do 97,8 por cento. Os empregados exerceron o seu dereito ao voto en 27 urnas instaladas na fábrica, e en dúas xornadas, a do domingo (quenda de fin de semana e quenda de noite) e a deste luns (quenda de mañá, quenda central e quenda de tarde).

A tensión entre os representantes dos sindicatos de clase e os do SIT estivo presente en varios momentos durante as votacións e o incidente máis grave ocorreu na mañá deste luns, cando un delegado de CC.OO. denunciou a un representante do sindicato maioritario por unha suposta agresión.

Segundo informou CC.OO., o membro do SIT propinou un cabezazo ao seu delegado, que foi trasladado a un hospital e, co correspondente parte de lesións, presentou denuncia na Comisaría de Policía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE