Centos de obxectos lendarios do deporte español e galego, nunha exposición

A coruñesa Sofía Toro, medalla de ouro nos JJ.OO. de Londres 2012 foi homenaxeada e nomeada ‘Embaixadora’ da exposición.A Secretaria Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia, Marta Míguez Telle animou a todos os galegos, especialmente aos nenos, a ‘visitar a exposición para que comprendan os valores de esforzo que transmite o deporte de alta competición’.Sofía Toro declarou ‘estar moi honrada por ser embaixadora na súa cidade, xa que é o máis grande que a un deportista pódelle pasar’.


|

A exposición pertencente ao Museo do Deporte celebrou o seu acto de inauguración oficial. A medallista olímpica Sofía Toro foi homenaxeada e nomeada ‘Embaixadora’ da exposición rodeada de deportistas e lendas do deporte coruñés.



Songoo camiseta depor expo lendas

Songo'o asinando unha clásica camiseta do Deportivo na exposición


A mostra "Lendas" foi hoxe oficialmente inaugurada en Marineda City (A Coruña). A exposición que mostra 500 obxectos símbolo das grandes xestas do deporte galego, español e mundial, contou con ilustres convidados das institucións e do mundo do deporte local.


A coruñesa Sofía Toro, medalla de ouro nos JJ.OO. de Londres 2012 foi homenaxeada e nomeada ‘Embaixadora’ da exposición.


A Secretaria Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia, Marta Míguez Telle animou a todos os galegos, especialmente aos nenos, a ‘visitar a exposición para que comprendan os valores de esforzo que transmite o deporte de alta competición’.


Sofía Toro declarou ‘estar moi honrada por ser embaixadora na súa cidade, xa que é o máis grande que a un deportista pódelle pasar’. Aproveitou a ocasión para ceder o chándal co que subiu ao podio de Londres 2012 así como o peto orixinal co que competiu ademais outros recordos que formarán desde hoxe parte da exposición.


A mostra permanecerá en Marineda City de Coruña ata o 20 de decembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE