"Pacientes graves esperan máis de tres horas nos corredores de urxencias"

Ata 22 pacientes esperando durante horas nos corredores de urxencias. Nalgúns casos "pacientes graves que esperaban máis de tres horas en ser atendidos" en padiolas e cadeiras de rodas á espera de recibir atención. Estes son dous dos puntos da denuncia remitida hoxe desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.

|

PasillosurgenciasCHUS

Corredor de urxencias do CHUS nunha anterior ocasión

O colectivo alerta do "colapso" en Urxencias os días 9 e 17 deste mes. A xerencia do SERGAS en Santiago, que dirixe Eloína Núñez, non respondeu por agora ás acusacións.

A REFORMA DO SERVIZO NON LIQUIDOU O PROBLEMA

As urxencias do CHUS sofren problemas crónicos de saturación, que se agravan no inverno. Iso, "a pesar de contar no complexo hospitalario con máis de 300 camas baleiras", lembran desde a Asocaición. 

O SERGAS acometeu unha reforma das urxencias pero "o problema de fondo" segue sen resolverse. En opinión, do colectivo, o que se necesita xa é "unha maior dotación de medios humanos e materiais". Unha advertencia moi a ter en conta cando a campaña da gripe aínda non empezou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE