Galicia busca atraer de golfistas británicos

|

Sete responsables dos principais clubs de golf de Londres visitan estes días Galicia para coñecer en profundidade as instalacións e a oferta dos clubs de golf de Oca Augas Santas en Lugo, Mondariz, Meis e Santiago, así como o sector termal.


Famtrip Golf e termalismo en Galicia

A visita desenvólvese desde o martes e continuará ata o vindeiro sábado, co obxectivo de dar a coñecer Galicia no mercado británico como destino para o goce dun paquete combinado de práctica de golf, termalismo e gastronomía.

Trátase da segunda das accións posta en marcha por Celtic Spain Golf & Wellness, iniciativa promovida no marco do concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia a proposta da Asociación Galicia Destino Golf, Asociación Balnearios de Galicia, Oca Hoteis e Hotel Carlos I, coa colaboración de Turismo de Galicia.

Ao longo das catro xornadas do fam trip, os profesionais dos clubs de golf londinienses Stockley Park Golf Club, Finchley Golf Club, Wycombe Heights Golf Club, Houghton-lle-Spring Golf Club, Indian Golf Society e Club Español de Golf terán a oportunidade de coñecer algúns dos paquetes turísticos creados dentro deste programa, que combina golf con hoteis/balnearios que se atopan dentro da iniciativa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress