O SERGAS non vai pagar un novo parking público para o hospital


Aparcar na contorna do CHUS é un pesadelo e seguirá siendolo mentres as administracións non se poñan de acordo. Hoxe Compostela Aberta reclamou que a Xunta o financie e deseguido saíu o SERGAS ha responder que diso nada. 


|

Aparcar na contorna do CHUS é un pesadelo e seguirá siendolo mentres as administracións non se poñan de acordo. Hoxe Compostela Aberta reclamou que a Xunta o financie e deseguido saíu o SERGAS ha responder que diso nada. 



Clínico, CHUS


A Xerencia da Xestión Integrada de Santiago suxire que "debe ser o Concello" a institución encargada de construír un novo aparcadoiro e ordenar o tráfico e a mobilidade no recinto do Hospital Clínico.


A través dun comunicado, a Xerencia responde o grupo municipal de Compostela Aberta, que este martes presentou en rolda de prensa unha moción para instar á Xunta a executar o parking, á vez que a criticaba por non emitir "ningunha resposta" ante a petición de documentación sobre a demanda de aparcadoiro e afluencia tanto dos pacientes como os traballadores.


Neste sentido, a institución sanitaria ha lembrado que "non é a súa competencia" facer estudos de mobilidade, aínda que "se lle facilitou (ao Consistorio) un inventario de prazas actuais e do recinto hospitalario (...) e tamén do número de traballadores e usuarios por tramos horarios de asistencia".


Así mesmo, a Xerencia subliña que a competencia no tráfico é "clara", xa que debe ser o Concello quen o regule "nos espazos dos hospitais que están abertos á circulación xeral". Neste ámbito, continúa, xa houbo "varias sentenzas xudiciais".


Con respecto ao parking, o Hospital Clínico reivindica que conta cun total de 1.862 prazas das que "apenas 500" son de acceso exclusivo a traballadores, polo que, afirma, "constitúese como o complexo hospitalario galego con máis prazas de estacionamento gratuíto para os seus usuarios".


"O único parking privado que hai no recinto é unha concesión do Concello coas tarifas máis caras de toda a cidade de Santiago, tarifas que non se revisaron tras a solicitude por parte da Xerencia", esgrime.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE