Cárcere para tres dos presuntos pandilleros de 'Os Betas'

O xuíz de instrución número 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión de tres dos seis detidos como presuntos membros dunha banda xuvenil violenta que se facían chamar 'Os Betas', e aos que se lles atribúen case un centenar de roubos e furtos.

|

O xuíz de instrución número 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión de tres dos seis detidos como presuntos membros dunha banda xuvenil violenta que se facían chamar 'Os Betas', e aos que se lles atribúen case un centenar de roubos e furtos.


Betas vigo



Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), este xoves pasaron a disposición xudicial catro dos detidos. O maxistrado decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para tres deles, e a posta en liberdade con obrigación de comparecer quincenalmente para a cuarta persoa.

A investigación da actividade desta banda levou este mércores á Garda Civil a deter a 6 persoas vinculadas a este grupo criminal que actuaba en Vigo imitando ás bandas latinas violentas. Ademais dos 6 detidos, investígase polo menos a outras 9 persoas.

Trátase dunha organización cuxos membros, algúns menores de idade, imitan no seu comportamento, xestos, vestimenta, grafitis ou tatuaxes, ás bandas violentas latinas, e a Garda Civil atribúelles un centenar de roubos con intimidación, furtos, tiróns, ameazas ou lesións cometidos en Vigo, Cangas e Baiona.

Ademais das detencións, os efectivos policiais realizaron cinco rexistros (catro en domicilios e un nun local comercial). Cando se ía a producir un dos rexistros, nun piso da Avenida da Florida, unha das integrantes de 'Os Betas' resultou ferida grave ao tratar de fuxir dos gardas descolgándose pola xanela do quinto piso: a nova, de 20 anos de idade, caeu ao baleiro e permanece ingresada na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE