En liberdade o home que gravaba a mulleres para webs pornográficas

Tras ser arrestado o pasado mércores pola Policía Nacional, o detido quedou en liberdade pero o seu caso queda en mans dos xulgados de Santiago. Ata o momento son 17 as vítimas que se coñecen nos vídeos. 


|

Tras ser arrestado o pasado mércores pola Policía Nacional, o detido quedou en liberdade pero o seu caso queda en mans dos xulgados de Santiago. Ata o momento son 17 as vítimas que se coñecen nos vídeos. 


Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Fachada dos xulgados de Santiago


O home de 34 anos detido o pasado mércores por gravar a mulleres polas rúas de Santiago que logo subía a páginas pornográficas quedou en liberdade na mañá deste venres tras prestar declaración no xulgado de instrución número 2 da Coruña, en funcións de garda.

Segundo informaron fontes xudiciais, as dilixencias do caso quedarán en mans dos juzgados de Santiago que, ao longo da instrución, determinarán se existe delito e, no caso de que así sexa, que tipo constitúe. A Policía Nacional cifra en 17 as vítimas que se coñecen ata a data.

O home, de 34 anos e veciño da capital galega, foi arrestado na noite do mércores logo de recibir "numerosas" denunciadas por parte de mulleres novas, algunhas delas menor de idade, que aseguraban que foran gravadas sen o seu consentimento cando ían pola vía pública en Santiago.

Así, como apunta a Policía Nacional nun comunicado emitido este sábado, varias mulleres acudiron á comisaría de Santiago o pasado martes para formular denuncias nas que aseguraban que un home dedicábase a gravar vídeos nos que "enfocaba o traseiro" a mozas novas que paseaban pola rúa e, posteriormente, subía o material a páxinas pornográficas.


As forzas da orde iniciaron unha investigación para dar co presunto autor dos feitos. Os axentes lograron identificar a este individuo grazas á "pegada" dixital na internet.


Finalmente, o home foi detido na noite do mércores na cidade da Coruña. A Policía procedeu a rexistrar dous domicilios relacionados co arrestado, nos que foi intervido "gran cantidade" de material informático, como discos duros, cartóns de memoria, un portátil e un télefono móbil co que supostamente gravaba os vídeos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE