A actriz que denunciou acoso sexual nun programa da TVG conta a súa mala experiencia no xulgado
Os produtores de "Con Amor e Compañía" subiron os soldos da testemuñas que, mentindo, desmentiron en sede xudicial os indicios de acoso sexual que uso Iria Pinherio na súa denuncia. Esta é unha das acusacións que lanza a actriz nun detallado relato do juício, polo que a xuíza do Social absolveu ao director do programa da TVG -José Luis Viñas Orta- e á produtora -Ficción Produciones.
Os produtores de "Con Amor e Compañía" subiron os soldos da testemuñas que, mentindo, desmentiron en sede xudicial os indicios de acoso sexual que uso Iria Pinherio na súa denuncia. Esta é unha das acusacións que lanza a actriz nun detallado relato do xuízo, polo que a xuíza do Social absolveu ao director do programa da TVG -José Luis Viñas Orta- e á produtora -Ficción Produciones.
Iria Pinheiro
Pinheiro escribe en "Crónica da Inmundicia" o suposto maltrato que lle outorgou a "xustiza patriarcal". A artista dá a entender que non recorrerá ante o TSXG, aínda que lembra que a vía penal -tras perder o juício do social- segue aberta.
A actriz asegura que "non se arrepinte de ter denunciando" e insiste en relatar que foi vítima de acoso sexual e tocamentos, lembrando en OElSalto Diario que ata catro testemuñas que referendaron as súas acusacións e vinculando as declaracións en contra da súa versión a supostas prebendas e ascensos. Por agora nin a TVG, nin Ficción Produciones nin o director acusado comentaron o resultado do preito.
Escribe o teu comentario