“As contas de Povisa non son as dunha empresa en quebra”

En declaracións a Galiciapress, a presidenta do Comité de Empresa critica á concesionaria e a á Xunta por chegar a esta situación. María Jesús Neira tranquiliza aos enfermos, dicindo que a calidade dá atención polo de agora non diminuíu. Iso se, advirte que non hai recursos para dar servizo se Povisa creba definitavemente.


|

En declaracións a Galiciapress, a presidenta do Comité de Empresa critica á concesionaria e a á Xunta por chegar a esta situación. María Jesús Neira tranquiliza aos enfermos, dicindo que a calidade dá atención por o de agora non diminuíu. Iso si, advirte que non hai recursos para dar servizo se Povisa creba definitavemente.



Povisavigo

Fachada de Povisa


O anuncio de Povisa do pasado venres no que informaba que solicitaba o preconcurso de acredores xerou un clima de inestabilidade entre os traballadores e os pacientes do centro. O hospital privado máis grande de España atópase nestes momentos en negociacións co SERGAS para buscar unha solución que garanta a estabilidade dos traballadores e a correcta cobertura sanitaria aos usuarios. María Jesús Neira, integrante do comité persoal de Povisa e representate da CIG, considera que estamos ante un tira e afrouxa entre o centro e a Xunta para mellorar o concurso asinado fai catro anos. “En 2014 asinouse un concurso do que agora Povisa quere sacar máis beneficios que o pago per capita de 540 euros, o que ou ben é unha manobra para gañar máis diñeiro ou reflicte unha total falta de previsión”, afirma Neira.


Sobre as negociacións, Neira confirma que será o vindeiro xoves cando se informe debidamente aos traballadores da situación, aínda que se pode confirmar que a Xunta pediu máis documentación a Povisa e que a Consellería mesmo baralla a posibilidade de asumir a xestión da farmacéutica, un dos principais puntos nas conversacións entre o centro e o SERGAS.


“A CIG solicitou a documentación relativa a cóntalas auditoras de 2017, pero temos as de 2016 e esas contas non reflicten a posibilidade de solicitar a entrada en concurso de acredores, porque non é unha empresa en quebra, xa que pertence a un grupo empresarial que dá beneficios”, afirma Neira.


EMPREGADOS E USUARIOS

Os empregados polo momento viven atentos á actualidade da empresa, xa que ninguén lles garantiu nin o cobro das próximas nomeas nin manter os seus postos de traballo. Ademais, desde a CIG critican as formas nas que se comunicou aos aslaraiados a solicitude de entrar no preconcurso. “O venres comunícannolo por correo electrónico e moitos profesionais decátanse desta decisión polas noticias”, afirma Neira, que considera que unha empresa que vive unha situación tan comprometida “non pode actuar desta forma”.


No relativo aos usuarios de Povisa,  de momento o discurso que transmiten desde a CIG é de calma, xa que polo momento a situación de inestabilidade non repercutiu na atención aos pacientes, que segue sendo tan "profesional" e "correcta" como antes do anuncio do pasado venres. 


“Non se despediron a traballadores e a atención é a correcta. Os pacientes teñen que estar tranquilos porque se seguen prestando os mesmos servizos que ata agora”, aínda que Neira matiza que lle parece inconcibible que o SERGAS e Povisa “metan a traballadores e usuarios na súa loita a estas alturas”. Ademais, advirte de que os centros hospitalarios de Vigo non poden absorber na actualidade os máis de 135.000 usuarios de Povisa no caso de que esta deixase de ofrecer a cobertura sanitaria.


Doutra banda, Luís Villares, líder da confluencia En Marea, afirmou hai uns días que a solución sería reintegrar todos os espazos sanitarios no ámbito público, algo que, aínda que Neira ve con moi bos ollos, cre que é unha posibilidade moi remota. “É algo que nos gustaría porque integrarnos no SERGAS garantiríanos unha estabilidade que agora non temos, pero é inviable neste momento”, lamenta a membro da CIG.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE