Calvo vai investir 15 millóns e contratar 350 persoas no Salvador
A conserveira galega Calvo vai investir 15,4 millóns para ampiar a súa actual fábrica no país centroamericano. Aínda que o grupo non difundiu a noticia en España, dela fixéronse eco medios salvoderños.
A conserveira galega Calvo vai investir 15,4 millóns para ampiar a súa actual fábrica no país centroamericano. Aínda que o grupo non difundiu a noticia en España, dela fixéronse eco medios salvadoreños.
Factoría de Calvo no Salvador | Vipecón
Os medios locais fan referencia a que Calvo busca duplicar a súa capacidade para producir conservas e almecenalas nese país. A compañía está no Salvador desde 2003, no porto da Unión. Ten unha factoría de 16.000 metros cadrados de enlatados de atún en aceite vexetal, oliva e auga. Atún que tamén se vende en Europa.
Novo atuneiro conxelador con bandeira aalvadoreña
Non se trata do único investimento de Calvo no estranxeiro nos últimos tempos. Xunto co grupo UGAVI, acaban de presentar no porto de Corsain un nuvo buque atuneiro conxelador. O nome do novo barco, iso se, será claramente galego: Sisargas.
A atuneira galega di empregar a 1.500 persoas no Salvador e agora espera ampliar o cadro de persoal en 350, segundo reflicte o diario salvadoreño La Prensa Gráfica.
Escribe o teu comentario