Mobilizacións en Galicia en defensa das pensións

Os pensionistas volven á o rúa para reclamar ao goberno que as persoas maiores recuperen os dereitos e o nivel adquisitivo que perderon ao fío da crise e os recortes. Axenda de actos en nove localidades en Galicia no interior.


|

Os pensionistas volven á rúa para reclamar ao goberno que as persoas maiores recuperen os dereitos e o nivel adquisitivo que perderon ao fío da crise e os recortes. Axenda de actos en nove localidades en Galicia no interior.



Mobilización pensionistas xubilados en Santiago de compostela



Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UXT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. O outro gran sindicato en Galicia, a CIG, convocou as súas propias mobilizacións este luns e hoxe venres esixiu ao Goberno derrogar a reforma das pensións que acaba coa xubilación parcial aos 61 anos.


En Galicia as protestas dos sindicatos de ámbito estatal serán o próximo martes. Denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise "só serviron para empobrecer a amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade".


Desde UXT e CCOO lembran que o colectivo de persoas maiores é «moi vulnerable» a políticas de recortes, e máis cando progresivamente convértense no principal sostén das seguintes xeracións. Hoxe en día, as pensións supoñen a principal fonte de ingresos da cuarta parte dos fogares e principal fonte de renda en moitos municipios galegos.


Defensa da Lei de Dependencia

Para o colectivo de pensionistas e xubilados de CCOO e de UXT, a defensa do sistema para a autonomía e atención á dependencia ( SAAD) é outra das prioridades. Transcorridos dez anos desde a posta en marcha da lei de dependencia, aínda non culminou a súa completa implantación. Unha causa fundamental deste atraso radica no aínda insuficiente nivel de financiamento público que arrastra para terminar coa listaxe de espera.


A situación da sanidade é outra preocupación para as persoas pensionistas. UXT e CCOO reclaman "o fin dos recortes aplicados en materia sanitaria e o fin do copago", xa que "provocan a exclusión de colectivos do sistema e minoran aínda máis o poder adquisitivo das persoas maiores". 


Concentracións conxuntas de UXT e CCOO o día 2 de outubro

— A Coruña: ás 12 horas no Obelisco

— Ferrol: ás 12 horas fronte ao edificio da Xunta (praza de España)

— Santiago de Compostela: ás 12 horas na praza do Toural

— Lugo: ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno

— Viveiro: ás 12 horas na praza Maior

— Ourense: ás 11:30 horas diante do edificio do INSS

— Pontevedra: ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno

— Vigo: ás 12 horas na Porta do Sol

— Vilagarcía de Arousa (só CCOO): ás 11:30 horas diante do Concello

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE