O PP vota que o galego non sexa necesario para ser funcionario en Galicia

O Partido Popular, o máis votado en Galicia, votou onte no Congreso que o galego e as outras linguas autonómicas non sexan requisito para acceder aos postos de funcionarios naquelas autonomías onde son cooficiais. Un xiro na estratexia dos conservadores e que contradi a política do PPdeG desde a era Fraga. Tomouno apoiando unha incitiva de Cidadáns, cuxo deputado, Toni Cantou, dixo textualmente que “ninguén pode negar que o castelán desapareceu de Galicia”.


|

O Partido Popular, o máis votado en Galicia, votou onte no Congreso que o galego e as outras linguas autonómicas non sexan requisito para acceder aos postos de funcionarios naquelas autonomías onde son cooficiais. Un xiro na estratexia dos conservadores e que contradi a política do PPdeG desde  a era Fraga. Tomouno apoiando unha incitiva de Cidadáns, cuxo deputado, Toni Cantó, dixo textualmente que “ninguén pode negar que o castelán desapareceu de Galicia”.



Toni cantu00f3




O Congreso tombou a proposta de Cidadáns, que só apoiaron o PP e UPN. O PSOE, En Comú, o PNV e os partidos independentistas cataláns rexeitaron este martes no Pleno do Congreso a proposición de lei de Cidadáns para que o coñecemento das linguas cooficiais non sexa un requisito para acceder a un emprego público nas comunidades autónomas bilingües, senón só un mérito. Ao seu xuízo, o partido laranxa non respecta o plurilingüismo e só tenta xerar confrontación.


A pesar de que actualmente o catalán, o galego e o eúscaro "gozan dunha saúde excelente", as autoridades dalgunhas autonomías están a tratar de "impoñelas", asegurou Cantó.


REACCIÓN DESDE GALICIA

As súas declaracións xa xeraron críticas en Galicia. A Mesa pola Normalización instou os dirixentes laranxas a "informarse" e darse conta que nas oposicións ao Estado nunca se esixe unha lingua autonómica, aínda que legalmente o Estado teña a obrigación de responder en galego cando o trámite se realice nunha das súas oficinas na autonomía. 


O galego si é requisito para acceder aos postos de traballo na Xunta e no resto da administración autonómica e local galega, para dar cumprimento ao dereito do seu uso fixado en Estatuto de Autonomía. Requisito que o PPdeG axudou a incorporar no seu día, de aí o singnificativo da votación deste martes, en consonancia co xiro centralizador aplicado por Pablo Casado.


En opinión do presidente da maior das asociacións culturais de Galicia "o único que se pretende é dar amparo legal a unha vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da Administración".


"Non sei onde acaba a ingorancia e onde empeza a mala fe”, declarou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ao coñecer as declaracións do parlamentario de Cs. Unha das moitas voces da política galega que criticaron as palabras de Cantó. Está por ver cal é a reacción oficial do PPdeG e do Presidente da Xunta.


O PP, O ÚNICO APOIO

Segundo relata Europa Press, o único grupo que expresou o seu apoio á iniciativa  da formación laranxa foi o PP, que apostou por seguir traballando para eliminar as "barreiras lingüísticas", aínda que o deputado Miguel Barrachina pediu "humildade" a Cantó e que recoñeza o papel dos 'populares' nese labor. Pola súa banda, o deputado de UPN Carlos Salvador, do Grupo Mixto, tamén se mostrou favorable á toma en consideración.


En representación do PSOE, a deputada Mercè Perea dixo que o seu grupo non vai apoiar a proposición de lei porque supoñería "atentar contra a Constitución, contra a xurisprudencia do Tribunal Constitucional e contra o normal funcionamento das Administracións Públicas respecto dos cidadáns".


Segundo a deputada socialista, Cidadáns "descoñece a realidade do país", "crea un problema onde non o hai" e "busca a imposición" do castelán sobre as demais linguas, ademais de non respectar "as competencias das comunidades autónomas". Son "oportunistas" e pretenden "confrontar", lamentou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE