Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música.
Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.
Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.
Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.
Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. O Couto ( Ourense)
Membro da Xunta directiva do Liceo de Ourense.
Membro do Consello Escolar de Galiza.
O laureado Generalísimo, amado polos beneficiados do seu réxime e detestado polos represaliados políticos, é un dos símbolos visibles que nos lembran que as dúas Españas sobreviven ocultas esperando outro período de corenta anos. E é posible ou discutible que chegase o momento de facer desaparecer a figura do ditador dunha vez por todas, tal e como fixeron no resto de Europa cos seus, con todo as feridas seguirán presentes e a dor silenciosa non remitirá ata que se produza unha restitución social global. O perdón sen restitución é a maior da falacias coñecidas e por desgraza maiormente empregadas, así, para que exista unha compensación ao agravio, non debésemos pensar sempre no económico, salvo algunhas excepcións. As novas xeracións deben coñecer o pasado e evitar que se repitan erros que dividiron e exiliaron a varias xeracións. Nunha viaxe recente a Europa, visitabamos un monumento da II Guerra Mundial e na entrada atopámonos cun grupo de adolescentes falando castelán. Non lles fixemos moito caso ata que na súa conversación enxalzaban a figura do avó Patxi, afirmando que sacara moita fame en España. É probable que descoñezan a traxedia da postguerra e a historia da guerra civil. Iso fíxome reflexionar en que a educación que reciben os nosos mozos non se fundamenta na pluralidade, senón no esquecemento, e con iso non hai nin restitución nin unha profilaxe dos erros do pasado.
A sociedade segue xerando novas ditaduras e a peor delas, a máis sutil e á vez contundente, é a económica. Isto provoca que os países desenvolvidos sustenten con complicidade, o subdesarrollo dos máis pobres en tecnoloxía. Por iso, das democracias máis maduras poden xurdir ditaduras con maiorías absolutas que gobernan ás costas das minorías sociais representadas polos deputados na oposición. Só existe a excepción de non tolerar a intolerancia. Nese caso non existe ditadura pois pola contra, a intolerancia chegaría ao poder.
O avó Patxi pasará á historia dentro de poucos meses e cada un seguirá xulgando segundo lle foi con el. Con todo, o descoñecer a súa existencia e esconder os seus métodos só pode conducirnos a que apareza outro semellante, isomorfo e potencialmente máis caústico.
Escribe o teu comentario