Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música.
Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.
Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.
Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.
Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. O Couto ( Ourense)
Membro da Xunta directiva do Liceo de Ourense.
Membro do Consello Escolar de Galiza.
Os encontros dos Consellos Escolares Autonómicos e do Estado celebraron as súas vodas de prata en Galicia; e Santiago de Compostela foi a cidade elixida para este evento de tres días. A “Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional”, a través do Consello Escolar de Galicia, exerceu como anfitrioa e dinme os máis críticos, que deron a talla, elevando o listón de altura en canto a calidade, organización e participación.
Desde a creación dos Consellos Escolares, os diferentes sectores da comunidade educativa están ben representados. Son máis visibles. No entanto, a súa influencia nas políticas educativas transferidas do Estado, estaban case sempre en función da vontade do goberno autonómico. O grao de implicación dos Consellos, de carácter consultivo, sempre dependía da dinamización do seu presidente respectivo e a participación, que enriquecía os ditames que se aprobaban nas súas sesións plenarias, comezaba a escasear. Con todo, desde o Consello Escolar do Estado detectaron que a participación non está a pasar os seus mellores momentos e este encontro levou a lema “Cando a túa participación xera benestar”. Encarna Conca, que preside o Consello Escolar do Estado, pedía crear un ambiente positivo, onde o discurso do ego sexa moi escaso e no que a participación busque ese estado de confort óptimo:” Porque é común o aire que respiramos”.
Pola súa banda o presidente do Consello Escolar de Galicia, Román Rodríguez, destacou a importancia de pór en valor o papel dos Consellos Escolares como pezas crave na toma de decisións por ser representantes de toda a comunidade educativa. E este compromiso público compromételle, pois é precisamente aquí onde está o xiro positivo da Xunta de Galicia en materia educativa. Haberá que esperar a que todo dea o seu froito, é certo, no entanto, os acordos coa maioría dos sindicatos non se fixeron sen participación e sen diálogo e as críticas destrutivas que tivo que soportar, nin crean bo ambiente nin son un camiño para avanzar. Román rodeouse dun equipo de directores xerais moi competentes, plurais e traballadores que estiveron presentes e activos en varias sesións do XXV Encontro, coa meta de participar na elaboración dunha guía con 34 accións xerais clasificadas en Ecosistemas (formal, informal e comunitario), cos seus ítems que os desenvolven, e teñen ademais tres dimensións (formación do alumnado, estruturas de participación e normas de participación). Esta guía de consellos escolares que fomenta a participación do alumnado, será elaborada coas achegas de todos os acentos, linguas, idiosincrasias e matices recolleitos en todos os recunchos do Estado. Estou seguro que será un éxito, como o foron as dinámicas participativas levadas a cabo por Adrián Soto e Eva Nieto da Universidade Complutense de Madrid entre os asistentes; porque cada persoa é única, e integrar nun colectivo, non é sinxelo para todos.
Só réstame felicitar a todos os participantes destacando o papel do vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Manuel Corredoira que, nun emotivo discurso de clausura, agradeceu ao alumnado asistente o seu grao de participación, pondo de manifesto o seu compromiso de dinamizar o Consello Escolar de Galicia, que proximamente cumprirá os seus 40 anos.
Escribe o teu comentario