A cadea humana contra o vertedoiro de Casalonga a vista de dron (VÍDEO)

A plataforma Casalonga Limpa de Residuos logrou un gran éxito este domingo ao xuntar miles de persoas, unhas 3.000 segundo os organizadores, nunha cadea humana. O colectivo non se fía das intencións de Toysal.


|

A plataforma  Casalonga Limpa de Residuos logrou un gran éxito este domingo ao xuntar miles de persoas, unhas 3.000 segundo os organizadores, nunha cadea humana. O colectivo non se fía das intencións de Toysal.



A Xunta acaba de rexeitar a petición da empresa para unha planta de residuos, despois de que o Concello de Teo emitise un informe urbanístico negativo. Con todo, os veciños sospeitan que a compañía volverá á carga para instalar unha planta de biogás e un "vertedoiro encuberto" nunha canteira abandonada.


Trátase dunha zona moi poboada. Segundo datos da Plataforma, a un quilómetro viven ata 2.000 persoas. Moitas delas acudiron á súa convocatoria na mañá do domingo para seguir metendo presión. As súas camisetas negras e amarelas filmounas un dron desde o aire, nun vídeo de José Ferreira.



Dron casalonga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE