Un centro para discapacitados cobrará vida de man dunha entidade privada, 13 millóns e 11 anos despois

A Xunta empeza a darlle saída a un das grandes infraestruturas que paralizou a crise. O proxecto do CEGADI anunciouse en 2006 para unha residencia pública de 32 prazas e un centro de día de 60. Finalmente instalarase alí un programa de COGAMI, que é unha das Ong con maior experiencia neste sector, pero non deixa de ser un organismo privado.


|

A Xunta empeza a darlle saída a un das grandes infraestruturas que paralizou a crise. O proxecto do CEGADI anunciouse en 2006 para unha residencia pública de 32 prazas e un centro de día de 60. Finalmente instalarase alí un programa de COGAMI, que é unha das Ong con maior experiencia neste sector, pero non deixa de ser un organismo privado.



Cegadi merixo


Acceso traseiro do CEGADI | CC BY-SA Merixo



O Goberno galego autorizou a firma dun convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para implantar nas instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) un plan integral de actuación para persoas con diversidade funcional.


A XUNTA POÑERÁ 2,7 MILLÓNS E COGAMI 0,9

Este proxecto contará cun investimento de 2,7 millóns de euros, dos que a Xunta achegará case 1,8 millóns e Cogami os 900.000 euros restantes. Segundo explicou o presidente, empezará a desenvolverse no último trimestre deste ano e "está blindado" ata 2022.


A Xunta di que ese plan permitirá que unhas 1.200 persoas con discapacidade --desde a idade pediátrica ata a vida adulta-- poidan acceder a dous tipos de servizos.


As promesas gobernamentais pasan por actuacións para o desenvolvemento social e persoal, como asesoramento e orientación, intermediación laboral, formación, fomento e emprendemento social e apoio técnico, económico e institucional ás persoas con discapacidade que queiran poñer en marcha asociacións.


Así mesmo, cando se dispoña do equipamento necesario, prométese ofrecer terapias de rehabilitación, mantemento e promoción da autonomía, como fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia ou neuropsicología, para as que contratarase a 18 profesionais.


Cogami pasará así a facer uso da infraestrutura pública que deu os seus primeiros pasos durante a bipartito. O CEGADI, un enorme edificio de 8.000 metros co último equipamento, paso varios anos podrecéndo, completado pero sen uso, o que comezou a provocar unha evidente deterioración das súas instalacións. 


Só nos últimos meses, e tras múltiples atrasos, Política Social empezou a utilizalo para outro fin diferente do previsto: oficinas para o recoñecemento da discapacidade. Agora con este convenio con COGAMI o Goberno dálle un uso polo menos por catro anos, aínda que sexa en mans dunha ONG privada e poñendo a Xunta a maioría do diñeiro.



ATENCIÓN Ás DROGODEPENDENCIAS

Por outra banda, o Goberno galego tamén autorizou a firma do convenio que renova a colaboración entre a Vicepresidencia, a Consellería de Sanidade, o Sergas e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e de protección da saúde.


En concreto, con este convenio, o Goberno galego garante o mantemento e a consolidación dos sistemas de axuda ao colectivo de persoas con problemas de drogodependencias.

A Xunta contribúe ao financiamento destas actividades cun importe total de 3,9 millóns de euros. Durante 2017, este convenio permitiu que fosen beneficiadas un total de 7.634 persoas, atendidas nun total de 13 unidades asistenciais a drogodependencias (UAD).


Cada concello, previos os informes técnicos previstos, recibirá un importe global e único para os programas que desenvolva.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE