Unha empresa viguesa deseña un sistema de seguridade innovador para a limpeza da sede do Celta
Este sistema, no que o ou a traballadora só necesita casco, botas, luvas e un arnés, é "o máis seguro dentro da normativa vixente"
Limpeza da cúpula da sede da Celta | Imaxe: Ancoraxes Marcelino
"Miles de persoas se arremolinan en cálea Príncipe en torno ao antigo edificio do Círculo Mercantil. Algo pasa. Expectación. O Celta vai presentar a toda a cidade a súa nova sede social no medio dunha gran festa. Saen os xogadores, actúan os 'triunfitos', canta Miguel Costas... Pero nese momento ninguén mira cara arriba, onde está plantada a cúpula celeste e á súa ao redor discorre un carril ríxido EN795 Tipo D de Ancoraxes Marcelino."
Ancoraxes Marcelino é a empresa viguesa que se encarga do sistema de seguridade para a limpeza da cúpula da sede do Celta de cálea Príncipe. O persoal traballa descolgado de cordas pola cúpula, a través dun carril ríxido que, segundo explica a empresa nun comunicado, permite ao ou á operaria desprazarse horizontalmente pola fachada sen a necesidade de volver arriba para cambiar o punto de ancoraxe.
Este sistema, no que o ou a traballadora só necesita casco, botas, luvas e un arnés, é "o máis seguro dentro da normativa vixente", e a súa vantaxe principal, explica Ancoraxes Marcelino, radica na súa durabilidad. "Esta instalación non sofre deformación mentres o traballador está colgado", apuntan, e é apto para calquera tipo de fachada e "perfecto" para os edificios con ventás grandes.
A pesar das vantaxes, a cúpula da sede do equipo celeste non ten un curvatura circular, polo que a instalación foi máis complexa do habitual. Aínda así, a innovadora solución foi implantada no antigo Círculo Mercantil, en colaboración coa construtora Civis Global.
Escribe o teu comentario