Empezan a montar as luces de Nadal cando aínda é verán

Caballero estima "baratísimo" o custo da iluminación polo seu retorno na economía da cidade

|

Caballero estima "baratísimo" o custo da iluminación polo seu retorno na economía da cidade


LUCES NADAL VIGO 2017 ELENTIR

Luces de Nadal en Vigo en 2017 | Contando Estrelas Flickr Creative Commons (CC BY-SA 2.0)



montaxe das luces de Nadal en Vigo iníciase este mércores en varias rúas da cidade, e continuará nas próximas semanas, ata completar a ornamentación de máis de 300 rúas, fachadas, mercados municipais e outras instalacións.


Así o confirmou o rexedor olívico, Abel Caballero, quen lembrou que se instalarán case 1.500 motivos de iluminación nas rúas, mil arcos, bólas de Nadal xigantes, varias árbores iluminadas por toda a cidade, e diferentes motivos ornamentais. En total, Vigo contará este ano coa iluminación de 9 millóns de lámpadas led.


Tampouco faltará a árbore xigante en Pórta do Sol, que este ano terá unha altura de 31 metros, e contará cun espectáculo de luces e música, do que se poderá gozar en tres pases diarios.


"Que saiban os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín, que imos ser o non vai máis. Que se preparen. As alcaldesas de Madrid e Barcelona xa nin poden competir, é natural", chanceou o alcalde, quen ha atreveuse a prognosticar que a cidade olívica terá as festas do Nadal "top do planeta".


GASTO DE CASE UN MILLÓN AO ANO

Abel Caballero asegurou que este 'despregamento' do Nadal é "baratísimo", e lembrou que o Concello adxudicou a iluminación a unha empresa nun contrato por varios anos. O gasto anual da iluminación é de 825.000 euros, un gasto que reverte na cidade, segundo incidiu.


A ese respecto, Caballero recalcou que, o pasado ano, e grazas á iluminación do Nadal, "todos os hoteis estiveron petados", e "toda Galicia" acudiu a ver as luces de Nadal a Vigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE