Un viño axudará a construír unha residencia para persoas con discapacidade intelectual

|

Adegas LaVal, da Denominación de Orixe Rías Baixas, comezou a vendima xunto con persoas pertencentes a ASPANAEX, Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra, na que parte da uva recollida destinarase a elaborar unha edición especial de Albariño La Val.





A Adega promete que "os beneficios xerados tras a comercialización deste viño La Val Solidario, irán destinados ao proxecto de ASPANAEX,  Axúdanos a construír un soño”. Trátase de unha iniciativa a través da cal se vai a construír unha residencia en Vigo que albergará 58 prazas para persoas con Discapacidade Intelectual, asegurándolles un fogar cando por diferentes causas non poidan ou queiran permanecer nas súas casas.


 Antonio Ruiloba, socio e administrador de Bodegas La Val, quixo adiantar que “esperan poder chegar ás 500.000 botellas de colleita 2018 e que as vendas no mercado nacional sigan pola mesma senda que nos últimos anos obtivemos na exportacións”.


Pola súa banda, Beatriz Macías, directora xerente da Asociación ASPANAEX sinalou “Agradecemos enormemente a Bodegas La Val esta acción e que fósemos a asociación elixida este ano. Parécenos unha iniciativa moi solidaria e atractiva. Para a asociación a inclusión das persoas con discapacidade é moi importante e queremos dar a grazas de novo por darnos a oportunidade de formar parte desta xornada”.


Continuar co camiño solidario

Esta é a segunda vez que La Val crea unha edición especial dun Viño Solidario, cuxos beneficios van destinados a unha causa solidaria. Así, na vendima pasada, entregáronse parte dos beneficios obtidos co seu Viño Solidario á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), asociación que axuda aos nenos que padecen cancro en Galicia e ás súas familias.


ASPANAEX é unha asociación que traballa a favor das persoas con discapacidade intelectual. A súa misión é que cada persoa leve a cabo o seu proxecto de calidade de vida, onde están implicados todos os grupos de interese que contribúen a que sexan cidadáns de pleno dereito.


La Val nace en 1985, converténdose así nunha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas. Situada na Leira Arantei en Salvaterra de Miñou, provincia de Pontevedra, conta cunha adega equipada coas tecnoloxías máis punteiras do sector e ten unha superficie de 6.000 m2. Os seus viñedos en propiedade atópanse enmarcados en tres leiras: Leira Arantei, Leira Porto e Leira Taboexa e en total suman 53 hectáreas.



Aspanaex vendima



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress