O Concello de Teo emite un informe de incompatibilidade urbanística da planta de Casalonga

O alcalde e a concelleira aproveitaron para indicar que "a presión cidadá ten que continuar"


|

Andaina casalonga 2ñ
Andaina organizada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos


O Concello de Teo emitiu o informe de compatibilidade urbanística en relación á planta de residuos que Toysal quere instalar en Casalonga. Este martes remitiron o informe á Dirección Xeral de Calidade Ambiental que cualifica o proxecto de incompatible


"De conformidade co artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo qu apróbase o texto refundido da lei de prevención e control integrados da contaminación, que a actividade contida no proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións de xestión de residuos situada en Teo, non é compatible co PXOM de Teo e a demais normativa urbanística de aplicación", dita o informe emitido. 


Informe casalonga toysal teo

Extracto do informe de compatibilidade urbanística



O rexedor local, Rafael Sisto, explicou este martes xunto á concelleira de Urbanismo , Uxía Lemus, en rolda de prensa que os servizos técnicos municipais levan tempo traballando no documento e que agora "é o momento de que a Xunta cumpra e peche a tramitación do expediente de Toysal". Agora, explicou o alcalde, o seu obxectivo é conseguir un cambio lexislativo que evite "este tipo de instalacións neste tipo de chan" tan preto de núcleos de vivendas. A modificación da lei, declarou Sisto, "agora está nas súas mans [do Partido Popular] e non podemos esperar a que a empresa realice unha nova solicitude". 


O alcalde e a concelleira estiveron en compañía de representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, e aproveitaron para indicar que "a presión cidadá ten que continuar" e reivindicar o traballo de información que levaron a cabo desde o principio. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE