A veciñanza de Arcade maniféstase para acabar coa "discriminación sanitaria"
O 22 de setembro a Platraforma SOS Sanidade Pública de Arcade convoca unha concentración ás 12.00h na Alameda Tallo Rio
O 22 de setembro a Platraforma SOS Sanidade Pública de Arcade convoca unha concentración ás 12.00h na Alameda Tallo Rio para acabar coa "discriminación sanitaria". A veciñanza denuncia que "desde hai anos" padecen "deficiencias de recursos" que dificultan o acceso á asistencia sanitaria.
"Os tres cotas da Atención Primaria e pediatría están masificados superando os 1.500 cartóns en adultos -1.720, 1.570 e 1.529 cartóns e as 800 en pediatría -máis de 1.000 menores de 14 anos-", o que obriga, segundo explica a plataforma, ás persoas enfermas a esperar días antes de ser atendidas.
Denuncian tamén que as consultas de medicina familiar e pediatría péchanse durante o verán, época na que se produce un aumento de poboación en Arcade "de máis de 10.000 persoas". No caso das familias con menores de 14 anos, deben desprazarse dez quilómetros para recibir atención "a pesar de ser un dos poucos concellos galegos en que aumenta a poboación infantil". Así mesmo, expoñen que non se respecta a obrigación de ter unha enfermeira ou enfermeiro para cada cota de medicina.
Por iso, esixen ao Sergas unha cota máis de medicina de familia -"os tres cotas actuais están masificados", unha cota máis de pediatría, tres novas prazas de enfermería para garantir unha por cada facultativa e acabar cos peches de consultas no verán e os desprazamentos de menores de 14.
Escribe o teu comentario