Un de cada tres escolares sofre disfuncións visuais, que inflúen no fracaso escolar e na lectura

"O primeiro que ten que facer un neno durante a aprendizaxe é ver ben"


|

Ojovistavisionpestaa


"O primeiro que ten que facer un neno durante a aprendizaxe é ver ben". O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia sinala que o proceso de aprendizaxe da lectura, que se inicia na idade preescolar, utilizamos o noso sistema visual para transportar ao cerebro toda a información que lemos "para a súa interpretación e análise". 


Por iso, unha boa visión pode ser clave "entre o éxito e o fracaso escolar". "O atraso ou fracaso escolar é o resultado da incapacidade dos nenos de conseguir o rendemento escolar establecido", explica o Colexio, que atendendo ao informe PISA (Programa para a Avaliación Internacional dos Alumnos) indican que este problema non depende das capacidades ou intelixencia do alumnado, senón de anomalías visuais. 


O ollo vago ou ambílope é un dos problemas que máis inflúen ene o atraso escolar, e "incapacita ao estudante", explica o presidente do Colexio Eduardo Eiroa, "para fusionar as imaxes do ollo dereito e esquerdo e obter unha imaxe única e tridimensional, polo que esta disfunción dá lugar a fatiga visual, malestar e afecta considerablemente á eficacia da lectura e a aprendizaxe". 


Así as cousas, desde o organismo recomendan realizar un exame visual completo nestas datas. Da mesma forma, sinalan a importancia do papel das familias e o profesorado para detectar problemas visuais, para o que suxiren prestar atención se a nena ou neno achégase moito aos libros ou á televisión; se expón unha distracción continuada ao ler e baixa comprensión; se se fatiga ante estímulos visuais; se ten mala escritura a man; se ten hiperactividade durante a clase e baixo rendemento, entre outras. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE