O primeiro paso de vaca chega á Coruña nun achegamento do rural á cidade

"Trátase de poñer en valor á vaca, pola súa importancia vital no rural, xerando riqueza e emprego, e pola súa persistencia inseparable da paisaxe galega" 


|

Paso de vaca a coruu00f1a


A explotación leiteira Casa Grande de Xanceda inaugura este mércores o primeiro paso de vaca, "unha acción no Obelisco de Coruña que reivindicará a figura da vaca como icona galega". 


Segundo explican desde a empresa, o primeiro paso de vaca da cidade substituirá ao paso de peóns nun achegamento do rural á cidade onde as persoas asistentes poden experimentar "a sensación de estar no medio dun prado rodeado de vacas ou mesmo de aprender a ordeñar unha". 


"Trátase de poñer en valor á vaca, por a súa importancia vital no rural, xerando riqueza e emprego, e pola súa persistencia inseparable da paisaxe galega", explican desde a Casa Grande de Xanceda. Ante os máis de seis meses de perdas e baixada constante do prezo do leite, expoñen, "é un bo momento para realizar unha reivindicación" dunha industria que sitúa á nosa comunidade como a maior produtora de leite de España. 


O mércores entre as 10.00h e as 18.00h o Obelisco acolle a inauguración do primeiro paso de vaca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE