A muller que buscaban en Silleda estaba a facer o Camiño de Santiago
A muller acudiu ao cuartel para informar que extraviara a súa documentación
O dispositivo de procura establecido na contorna de Silleda (Pontevedra) para buscar a unha muller que estaba desaparecida desde este domingo desactivouse despois de que se presentou polo seu propio pé no cuartel de Lestedo (A Coruña) e indicase que estaba a realizar o Camiño de Santiago.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil a Europa Press a muller acudiu ao cuartel para informar que extraviara a súa documentación.
Precisamente, axentes da Garda Civil atoparan os seus documentos no interior dunha riñonera en Silleda nos últimos días. No dispositivo participaron o martes membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axega e cans de rescate de Protección Civil de Padrón.
Escribe o teu comentario