Os encoros galegos, ao 71% da súa capacidade, almacenan máis auga que nos últimos dez anos

A reserva hidráulica galega descendeu a última semana e atópanse ao 70,8% da súa capacidade, cun total de 2.631 hectómetros cúbicos de auga embalsada sobre os 3.714 posibles


|

Encoro De Beche


A reserva hidráulica galega descendeu a última semana e atópanse ao 70,8% da súa capacidade, con un total de 2.631 hectómetros cúbicos de auga embalsada sobre os 3.714 posibles.

Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica coñecidos este martes, os encoros galegos perden un punto de auga embalsada respecto de fai sete días.

Con todo, tanto os 2.130 hectómetros cúbicos existentes nos encoros da demarcación Miño-Sil como os 501 de Galicia Costa están por encima do existente a estas alturas o ano pasado, así como da última década.

De feito, os 2.631 hectómetros cúbicos da actualidade na Comunidade son uns 200 máis que os 2.433 nos rexistros de media dos últimos 10 anos.

En concreto, a reserva do Miño-Sil descendeu lixeiramente, ata o 70,3% da súa capacidade (era do 71,2% a semana anterior), mentres que a caída porcentual en Galicia Costa foi algo maior (duns dous puntos) ata quedar no 73,2%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE