A onda de calor obriga a suspender as visitas ao Pórtico da Gloria

Centos de turistas facían cola abrasándose no Obradoiro estes días para ver a obra mestra do Mestre Mateo, algo que sufrían tamén os vixiantes de seguridade.


|

Centos de turistas facían cola abrasándose no Obradoiro estes días para ver a obra mestra do Mestre Mateo, algo que sufrían tamén os vixiantes de seguridade.


Colas para visitar o Pórtico da Gloria


As visitas ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago quedaron suspendidas ata novo aviso por culpa da onda de calor que afecta a Galicia desde o pasado xoves.


Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago restaurado

Segundo informou a Fundación Catedral desde a súa conta de Twitter, as visitas quedaron suspendidas desde as 19,00 horas deste venres.

Cando se cumpre unha semana da súa apertura ao público en xeral, a Fundación cancelou as visitas por motivos de conservación debido ás variacións climáticas nun venres no que os termómetros alcanzaron os 38 graos na capital galega.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE