Máis de 500 vehículos seminovos, quilómetro cero e ocasión no I Salón Outletcar Silleda

Entre o 14 e o 16 de setembro a Feira Internacional de Galicia acolle a primeira edición do Salón Outletcar Silleda


|

Vista salu00f3n automu00f3bil celebrado non recinto  1


Entre o 14 e o 16 de setembro a Feira Internacional de Galicia acolle a primeira edición do Salón Outletcar Silleda, unha feira de oportunidades na que se mostrarán máis de 500 vehículos seminovos, quilómetro cero e de ocasión


Nos 11.000 metros cadrados que ocupa a exposición haberá unha ampla oferta de opcións económicas e propostas de alta gama, con "excelentes garantías e condicións, segundo explica a organización, xa que moitas firmas ofrecen descontos exclusivos para este salón. 


Entre as 10.00h e as 20.00h do 14, 15 e 16 de setembro o público poderá entrar ao recinto cunha entrada de 3 euros por día e persoa, nun espazo onde o 80% está reservado a concesionarios e compravendas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE