Histórica condena a Médicos Sen Fronteiras polos abusos laborais aos seus captadores

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) informou da condena á ONG Médicos Sen Fronteiras pola existencia de "cláusulas abusivas" nos contratos do seu equipo de captación de socios, que incluían un apartado polo cal os traballadores podían ser despedidos sen percibir indemnización en caso de non cumprir cun rendemento mínimo.

|

As cláusulas que teñen Médicos Sen Fronteiras, e moitas ONGs, para despedir ás súas captadores de socios por baixo rendemento cando non logran certo número de altas son ilegais. Así o ditamina unha sentenza do Tribunal Supremo por mor dunha denuncia da CNT de Santiago de Compostela.



Cnt medicos sen fronteiras

Protesta da CNT en Santiado de Compostela


A Confederación Nacional do Traballo (CNT) informa da condena á ONG Médicos Sen Fronteiras pola existencia de "cláusulas abusivas" nos contratos do seu equipo de captación de socios, que incluían un apartado polo cal os traballadores podían ser despedidos sen percibir indemnización en caso de non cumprir cun rendemento mínimo.


Así, segundo informa o sindicato nun comunicado emitido este luns, Médicos Sen Fronteiras foi condenada a eliminar a devandita cláusula, que permitía despedir a un empregado "sen pagar ningún tipo de indemnización e sen preaviso" se o captador non conseguía seis altas de socio semanais.


A CNT denunciou esta cláusula a finais do 2015, xa que entendían que "ese número de altas era de case imposible cumprimento tal e como indicou a pericial sociolóxica encargada", como, segundo a organziación, demostra que "nove de cada dez" empregados non alcanzasen estas cifras.


"Todas as organizacións teñen cláusulas similares nos seus persoais de captación de fondos", afirma o sindicato, que engade que esta sentenza "marca un antes e un despois no sector", xa que "afecta a todo o 'lobby' da captación de fondos".


Así, cifran en "case 1.000 cesamentos" os rexistrados en Médicos Sen Fronteiras a nivel de todo o Estado a través desta cláusula. MSF anunciou que recurrirá a sentenza.

relacionada Médicos Sin Fronteras recorrerá a sentenza histórica sobre os seus abusivos contratos de captación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE