Médicos Sin Fronteras recorrerá a sentenza histórica sobre os seus abusivos contratos de captación
Médicos Sin Fronteras foi condenada a eliminar unha cláusula pola cal o persoal de captación podía ser despedido sen percibir indemnización se non cumprían un rendemento mínimo
Médicos Sin Fronteras (MSF) foi condenada polo Tribunal Supremo por incluír unha clausula abusiva nos seus contratos de captación de fondos. A disposición establece que o pesonal pode ser despedido sen percibir indemnización algunha en caso de non cumprir cun rendemento mínimo, de seis altas novas semanais.
A organización posicionouse con respecto á sentenza, e recoñece que non é "favorable" para MSF, segundo fontes consultadas por Galiciapress. "Recoñecemos que a sentenza non é favorable para a organización e respectamos a decisión xudicial", declara a ONG.
A pesar diso, MSF anunciou que presentará un recurso para revogar a sentenza que a obriga a retirar a clausula abusiva dos contratos. "Despois dunha primeira valoración da sentenza e considerando que a mesma non é en firme, imos presentar o recurso de casación ante o Tribunal Supremo porque consideramos que a sentenza non está a recoller de maneira ponderado as alegacións presentadas polas dúas partes e incorre en certos erros de apreciación".
Galiciapress contactou coa CNT, da que aínda non obtivo resposta. No comunicado sobre a sentenza, a central sindical falou de "varios atrasos provocados pola empresa" por non entregar a proba requirida no xulgado.
A decisión xudicial prodúcese por mor dunha demanda do sindicato, que denuncia que "todas as organizacións" teñen clausulas similares nos seus persoais de captación de fondos, e recoñecen que esta sentenza "marca un antes e un despois no sector".
Escribe o teu comentario