O restaurante acusado de vender viño caro falso nega a estafa

O Don Álex, luxoso restaurante de Cerceda, está no centro da polémica da "Operación Tag". A Garda Civil rexistrou a súa sede e di que, no piso de arriba, atopou un taller dedicado a falsificar etiquetas de viño. No restaurante e na internet os acusados venderían botellas de alta gama -mesmo de 1.900 euros- que en realidade contiñan viños de calidade vulgar. Houbo catro detidos e rexistros polo menos en Madrid, A Coruña (unha imprenta) e Cerceda.

|

Operacion tag veu cerceda don alex garda civil

Hoxe transcende unha carta do dono do restaurante J.A. E.G., na que nega a versión das forzas da orde e, ademais, anuncia medidas legais contra "unha sucesión de mentiras e medias verdades". O empresario, un dos sete investigados, quéixase dun inxusto "linchamento". É a primeira vez que a súa versión salta aos medios.

Este é texto dunha misiva enviada a algúns clientes, segundo publica La Voz de Galicia

«Pola confianza que me mereces, quero comunicarche que o que puideses ler dunha suposta adulteración de botellas de viño no meu restaurante non se corresponde en absoluto coa verdade. Vinme envolvido nunha sucesión de mentiras e medias verdades nas que apareceu o meu nome e contra as que xa estou a emprender as medidas legais oportunas. O meu compromiso contigo sempre se baseou na máis absoluta honradez e profesionalidade e así seguirá sendo. O linchamento ao que estamos a ser sometidos a miña familia e eu, negándosenos o máis elemental dos dereitos, como é o de presunción de inocencia, non vai impedir nosa máis firme resolución a demostrar a falsidade das imputacións a unha familia traballadora. Coa esperanza de que estas malintencionadas noticias non se interpoñan na nosa relación, quedo á túa disposición para darche as explicacións que estimes oportunas»

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE