A veciñanza da praia de Tapia segue sen información sobre os peixes mortos e a suposta contaminación do Tambre
O 22 de xuño veciñas e veciños de Ponche Albar econtraron peces mortos flotando nunhas augas "escuras", con "escuma" e que desprendían un "cheiro nauseabundo" do río Tambre
Pancarta instalada na praia de Tapia
Pasou máis dun mes desde que veciñas e veciños da zona de Ponche Albar atopasen troitas e escalos "moribundos e mortos" flotando no río Tambre. A auga, segundo explica a veciñanza, tiña "unha notalidad moi escura, escuma e desprendía un cheiro nauseabundo".
Isto sucedeu o 22 de xuño, e o mesmo día alertaron ao 112 e ao SEPRONA, "que levaron cabo unha investigación". Ademais de provocar o peche temporal da praia fluvial de Tapia, a veciñanza esperaba coñecer os resultados dunhas análises que, a día de hoxe, descoñecen por completo. Piden explicacións ás autoridades competentes sobre as causas que orixinaron a situación, "respectando o dereito de veciños e veciñas a ter información sobre a problemática medio ambiental do sucedido no río", declaran.
Ante a desinformación sobre unha zona utilizada por bañistas, pescadoras e pescadores, a veciñanza entregou uns escritos formais á directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, e a Augas de Galicia, como organismo adxunto á Consellería de Medio Ambiente que, consideran, "debería informar canto antes os resultados da investigación levada a cabo polos técnicos de PCV e a Policía Autonómica, e velar porque non se repitan feitos similares sistematicamente".
En total 158 persoas sumáronse á solicitude de explicacións sobre "a vida e a saúde do río que abastece Compostela e que rega tantos lugares ata a súa desembocadura na ría de Noia". A Plataforma Stop Vertedoiro Santiago mostrou o seu apoio ás protestas pola mortalidade piscícola no Tambre, que non afirman que teña unha relación directa coa problemática do complexo de residuos de Miramontes, "pero como cidadáns" senten "preocupados e alarmados polo deixamento que exsite en termos medio ambientais".
Escribe o teu comentario