18 anos de carcel a un adestrador por "abusos sexuais con acceso carnal" a unha xogadora

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou ao exentrenador dun equipo de fútbol feminino a 18 anos de cárcere como autor dun "delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal" a menor de 16 anos e doutro delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos.


|

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou ao exentrenador dun equipo de fútbol feminino a 18 anos de cárcere como autor dun "delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal" a menor de 16 anos e doutro delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos. 



Pontevedra Capital Audiencia Provincial e Palacio de Xustiza

Audiencia de Pontevedra


O tribunal tamén lle impuxo a prohibición durante vinte anos de aproximarse á xogadora.


A ABUSADA ERA MENOR

Os maxistrados consideran acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos, empezou a manter relacións sexuais consentidas coa menor, quen tiña 14 anos e acababa de empezar a xogar no equipo de fútbol que dirixía. Os xuíces indican na sentenza que a menor accedeu a enviarlle en numerosas ocasións fotografas e vídeos dela espida e en actitude sexual.


Ademais, a sala considerouno culpable dun delito de exhibición de material pornográfico entre menores de idade, polo que o sentenciou a nove meses de cárcere e á prohibición de aproximarse a outra das xogadoras do equipo á que lle mostrou un vídeo de contido sexual durante un ano.


O CONDENADO É REINICIDENTE

A Audiencia tamén o condenou a sete anos de liberdade vixiada unha vez que daia de prisión. A medida consiste na prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; a prohibición de levar a cabo actividades de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo nas que interveñan menores; e a prohibición de aproximarse aos recintos nos que se estea levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior de 500 metros. Ademais, deberá someterse a un programa de educación sexual.


O acusado, que é reincidente, foi inhabilitado para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión imposta. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE