Verín, capital da batucada


A vila de Verín soborda de actividade este verán, estimulada polo retorno vacacional de miles de emigrantes á comarca de Monterrei e un completo programa de actividades lúdicas e culturais. Entre elas atópase a Batucada de Verín, dúas xornadas que mezclan música, diversión e auga. Así, por exemplo, haberá un tobogán acuático xigante, de 60 metros.


|

A vila de Verín soborda de actividade este verán, estimulada polo retorno vacacional de miles de emigrantes á comarca de Monterrei e un completo programa de actividades lúdicas e culturais. Entre elas atópase a Batucada de Verín, dúas xornadas que mezclan música, diversión e auga. Así, por exemplo, haberá un tobogán acuático xigante, de 60 metros.



180711 BATUCADA 2018 PRESENTACION IMG 8992

Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos de Verín


O Concello explica que desde as 11:00 horas deste venres haberá actividades. Estrearanse co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” no que os nenos e as nenas lucirán os seus traxes. O percorrido comezará no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, e Rúa da Cruz ata a Praza García Barbón. A mañá terminará coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.


TOBOGÁN XIGANTE EN VERÍN

Despois de comer, desde as catro e media, terá lugar a “Festa Acuática na Praia Fluvial” para que os nenos, e os que non o son tanto, gozar xogando coa auga. Nesta ocasión haberá animación musical, inchables de terra e, como novidade, un Tobogán Acuático Xigante de 60 metros. Dita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa (Co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso que permitirá ao usuario/a acceder ao tobogán durante toda a xornada). Poderase comprar a pulseira na tenda oficial de Batucada situada na Praza García Barbón.


Ao poñerse o sol arracará a “ Batucada Alternativa”. A Praza García Barbón acollerá o escenario no que de 20.30 a 3.00 horas actuarán grupos de diferentes estilos: o músico Brais Calles ( Hang Drum e Didjeridoo) e os grupos locais Dous de Picas (Folk) e Mike Wass & Mind Arquives (Electrónica). Finalmente Boston George non poderá asistir e no seu lugar actuarán Vicky, Toné e Fran, outro grupo tamén de Verín.


PROGRAMA PARA O SÁBADO

O sábado 28, ás 16:30 horas, celebrarase na Praza García Barbón, a gran "Festa da Escuma e a auga" coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola. Ás 19:00 horas comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da Praza García Barbón e continuará pola Rúa Cruz, a Praza da Mercé, a rúa Laureano Pelaez e cálea Irmáns Moreno ata chegar ao Pavillón de Deportes. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Kilomberos de Monte Alto (A Coruña), Xituma Batuke (Xinzo de Limia) e Trópico de Grelos (Santiago de Compostela).Ao final do desfile, ás 20.30 horas, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy Disco Móbil Jorge será a encargada da animación musical.


Como fin de festa, o Grupo Gin Toni´ s pechará esta edición da Batucada cunha actuación na Praza García Barbón ás 00.00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE