O posible ERE en Vestas afectaría por centos de traballos e sementaría dúbidas na recuperación eólica de Galicia

Máis de 230 postos de traballo directos, entre fixos e contratados por ETTs, poden desaparecer nun ERE se, como sospeitan os traballadores, a planta de Vestas Viveiro pecha. Son cifras facilitadas por Eladio Quelle, secretario xeral de FICA UXT na Costa de Lugo, en conversación por Galiciapress .


|

Máis de 230 postos de traballo directos, entre fixos e contratados por ETTs, poden desaparecer nun ERE se, como sospeitan os traballadores, a planta de Vestas Viveiro pecha. Son cifras facilitadas por Eladio Quelle, secretario xeral de FICA UXT na Costa de Lugo, en conversación por Galiciapress .



Feijoo vestas viveiro 111115 vestasa

Feijóo durante unha visita a Vestas en Viveiro (Lugo)


O motivo da preocupación é que a multinacional danesa "está a adiantar a produción de xeradores prevista e en principio non teñen a quen vender ou entregar máis", relata o sindicalista. Vestas xa pechou en León catro das súas sete liñas de produción. León é a factoría que absorve a maioría da produción galega. En Viveiro, a dirección ordenou acabar en setembro o que en principio debía estar rematado en decembro.


Se consúmase o peche total de Vestas León, onde irá a produción de Viveiro? Quelle, preocupado, apunta a que a empresa xa adiantou en 2015 a posibilidade dun ERE.  O sindicalista lembra tamén que a compañía está a apostar por megafactorías de aeroxeradores en Arxentina e China. 


PECHAR EN PLENA "FEBRE DO VENTO"?

O temido peche de Vestas, unha das poucas factorías que sobreviviu ao parón provocado pola polémica do Plan Eólico, chega nun momento sorprendente. A Xunta de Galicia e outras autonomías están a tramitar ducias de novos parques eólicos. Centrais que deberían estar a producir antes de 2020, polo que os montes galegos deberían ver levantarse centenares de novas torres en dous anos, a un ritmo nunca visto antes.


Segundo fontes do sector eólico galego, Vestas produce un dos mellores aeroxeradores, pero tamén un dos máis caros. De acordo a estas fontes, a importación destas grandes máquinas desde Arxentina ou China non sería en principio rendible, especialmente se o petróleo segue subindo. Ante este escenario, Quelle lembra que Vestas  produce aeroxeradores na súa base, Dinamarca.


SUBVENCIÓNS E TERREOS

O sindicalista lembra que Vestas Viveiro, "como todo este tipo de multinacionais", funciona en parte grazas a importantes subvencións públicas. Aínda que non incide neste tema, tamén lembra que o Concello de Viveiro fixo un importante esforzo a nivel urbanístico, o que no seu día lle valeu un xuízo polo penal á alcaldesa, un barullo no que tivo que intervir a Xunta.


A factoría de Viveiro aumentou nos últimos anos a produción de paneis eólicos. Con todo, a práctica totalidade dos traballadores que fan estes paneis son temporais, a penas hai "nove ou dez" fixos. De todo o persoal, uns 230, hai 105 fixos e uns 130 temporais a través de ETTs, segundo datos sindicais.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE