Casado debuta como líder do PP no funeral de Albor

O novo presidente do Partido Popular, Pablo Casado, asistirá este luns ao funeral institucional en homenaxe ao primeiro presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, que se celebrará na Catedral de Santiago.

|

PABLO CASADO PRESIDENTE DO PP


O novo presidente do Partido Popular, Pablo Casado, asistirá este luns ao funeral institucional en homenaxe ao primeiro presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, que se celebrará na Catedral de Santiago.

Así, Casado estrearase na capital galega nun acto institucional como líder dos populares, logo da súa vitoria o pasado sábado no Congreso do PP, onde se impuxo á outra candidata en liza, a exvicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría.

Coincidindo coa data na que cumpriría 101 anos, o Partido Popular de Galicia honrará ao que foi o primeiro presidente autonómico, falecido o pasado 12 de xullo na súa cidade natal, Santiago de Compostela.

O funeral terá lugar a partir das 18,00 horas na Catedral compostelá, onde Casado estará acompañado polo presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o xefe do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE