De como unha enxeñeira de montes acaba presidindo os estaleiros públicos de Navantia

Navantia é unha das maiores empresas públicas. Do seu futuro dependen directamente 5.500 familias. Desde esta semana ao mando está Susana Sarriá, enxeñeira de montes procedente do PSOE andaluz e sen experiencia algunha no campo da construción naval, algo que o PSOE criticaba ata hai nada.


|

Navantia é unha das maiores empresas públicas de España. Do seu futuro dependen directamente 5.500 familias. Desde esta semana ao mando está Susana Sarriá, enxeñeira de montes procedente do PSOE andaluz e sen experiencia algunha no campo da construción naval, algo que o PSOE criticaba ata fai nada.


Susana sarria navantia


"Unha vez máis o nomeamento faise en función do partido que goberna e, por encima, parece que en función do reparto de poder dentro do propio partido", critican desde o sindicato CIG en Navantia. Navantia depende da SEPI e a SEPI do Ministero de Facenda, a cuxo fronte está María Jesús Montero, compañeira de Sarriá no PSOE de Andalucía.


A CIG entende que Pedro Sánchez escolleuna para "satisfacer e contentar a presidenta de Andalucía". Detalle non baladí, tendo en conta as continuas tensións entre traballadores e sindicatos de Ferrol e a baía de Cádiz, os únicos dous grandes centros que subsisten en Navantia, á hora de repartir a a miúdo escasa carga de traballo.


SEN EXPERIENCIA 

Ten méritos profesionais Sarriá para dirixir Navantia? No seu nomeamento o Goberno asegura que está especializada en xestión ambiental e foi directora do Centro antincendios da Junta de Andalucía. Nada relacionado coa construción naval nin coa negociación de contratos internacionais, claves para a subsistencia dos estaleiros públicos.


Ademais, o propio PSOE reclamou en varias ocasións que Navantia a levase alguén con experiencia no sector, como insiste a CIG. Claro que os socialistas o pediron cando estaban na oposición. 


"A dirección de Navantia ten que estar intimamente ligada ao sector, porque iso é parte do problema, e tamén sería importante que estivese profesionalizada", defendeu o senador coruñés Ángel Mato o ano pasado, por exemplo.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE