Protestas contra a promotora da mina de Touro ao perder a perna un traballador
Traballadores de Atalai¡ya Mining, compañía mineira que xestiona a mina de Riotinto e que promove a reapertura da mina de Touro, protestaron este mércores na porta de entrada da planta para reclamar un servizo médico contínuo e un plan de emerxencia e evacuación.
Traballadores de Atalaya Minning, compañía mineira que xestiona a mina de Riotinto e que promove a reapertura da mina de Touro, protestaron este mércores na porta de entrada da planta para reclamar un servizo médico permanente e un plan de emerxencia e evacuación.
Accidente cun camión de cal en Río Tinto nunha imaxe de Huelva Información
Responden así ao accidente do luns, onde un traballador dunha subcontrata perdeu unha perna tras un accidente laboral cando caeron encima unhas estruturas metálicas. Marcos Sierra (USO) explica que o proletario estaba a descargar unhas estruturas metálicas que caeron e provocáronlle "danos en costelas e na perna, que finalmente tivo que ser amputada por baixo do xeonllo".
Son varios os accidentes en Río Tinto nos últimos meses. Un camión repleto de cal explotou, afortunadamente o produto era inerte e non cal viva, polo que o incidente saldouse con feridas leves para o condutor, un camión esnaquizado e varios centros de metros tinguidos de branco coma se fose unha gran nevada.
Estes incidentes chegan nun mal momento para a multinacional, cando a Xunta recoñeceu que a reapertura de Touro é inviable tal e como Atalaya presentou o proxecto.
Escribe o teu comentario