Alertan do posible peche de Vestas Eólica en Galicia en favor de China
"A factoría ten un futuro incerto e xa están a levar parte da produción actual de aeroxeradores a China". Esta é a denuncia dos traballadores de Vestas Eólicas, de Viveiro, unha das poucas empresas que sobreviviu á crise do sector das renovables.
"A factoría ten un futuro incerto e xa están a levar parte da produción actual de aeroxeradores a China". Esta é a denuncia dos traballadores de Vestas Eólicas, de Viveiro, unha das poucas empresas que sobreviviu á crise do sector das renovables.
Os operarios denuncian que a dirección acelerou muchísmo o ritmo de produción. O que tiñan que facer ao longo do ano, deben acabalo en setembro. Un ritmo "abusivo" que provocou neste ano "16 incidentes e accidentes dos cales dous, polo menos, correron risco de acabar en morte".
Ademais, temen que este acelerón esconda a intención de pechar a planta canto antes. Máis cando hai problemas noutras plantas da compañía. Así, a través dunha nota do sindicato UXT, lembran os despedimentos de 44 traballadores en Barcelona e 200 operarios temporais en León. Estamos ante un "proceso de deslocalizacións en favor de megafactorías situadas en Cina ou Arxentina, a pesar de aproveitarse previamente de subvencións millonarias" en España.
SEN CONVENIO
Os problemas da central de Chavín, en Lugo, inclúen tamén os "oito meses tentando pechar un novo convenio ante a actitude pasiva da dirección".
Unha crise que chega nun momento no que, en teoría, o sector eólico galego debería espertarse tras anos de letargo. A aprobación da polémica Lei de Fomento Empresarial (Lei de Depredación de Galiza para os ecoloxistas) recorta á metade os trámites e o sector ten a oportunidade de construír ducias de parques antes de 2020 para beneficiarse da última poxa das renovables. De feito, fontes do sector consideran que en Galicia haberá problemas para cumprir tantos encargos pola morte de moita das empresas do sector durante a crise.
Escribe o teu comentario