Manifesto a favor do cinema galego
A Mesa pola Normalización Lingüística, a principal asociación en defensa do galego, e varias entidades do sector audiovisual presentarán nos próximos días un manifesto en favor do cinema galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística, a principal asociación en defensa do galego, e varias entidades do sector audiovisual presentarán nos próximos días un manifesto en favor do cinema galego.
A Esmorga, de Ignacio Villar
O texto proposto, que se presentará o vindeiro martes en Santiago, fará un chamamento a toda o sociedade, pero en especial ás institucións, para "apoiar o cinema galego como espazo imprescindible para a plena normalidade da lingua e da cultura galegas".
O documento completo darase a coñecer en un acto na Librería Couceiro de Compostela, en que participarán "destacadas persoas do audiovisual".
O certo é que a pesar de certo pulo de directores galegos nos últimos anos e ao considerable músculo do sector audiovisual no país, as salas de cinema comercial a penas acollen producións do país, sendo as versións dobradas ao galego practicamente inexistentes.
Escribe o teu comentario