O alcalde de Betanzos dimite despois de 30 anos

Cuestións de saúde, citadas pola prensa local pero que o edil non confirmou publicamente, poden estar detrás da renuncia do veterano político do PSdeG.


|

Cuestións de saúde, citadas pola prensa local pero que o edil non confirmou publicamente, poden estar detrás da renuncia do veterano político do PSdeG.



Alcalde betanzos


O alcalde de Betanzos (A Coruña), Ramón García, presentou este martes a súa dimisión como rexedor local por motivos "persoais", despois de sete anos á fronte do goberno local e 30 no grupo municipal socialista.

Nunha rolda de prensa, Ramón García explicou que estas circunstancias que agora o motivan a abandonar o Consistorio "incrementáronse no último mes e medio ou dous meses" e impídenlle "facer un labor diaria de interese ao municipio". "Creo que é bo para o meu e para Betanzos", asegurou.

Deste xeito, o que formou parte da corporación local desde 1987 explicou que a renuncia se fará efectiva no pleno do próximo martes, día ata o que será alcaldesa en funcións a concelleira María Barral.

A partir de aí, designarase un novo alcalde a partir dos cabezas de lista dos grupos municipais, segundo establece a lei, nunha sesión de investidura.

De igual modo, Ramón García manifestou a súa "honra" por ser o rexedor do municipio coruñés e agradeceu o traballo dos seus compañeiros de goberno, dos traballadores do Consistorio e do resto de grupos do pleno, dos que destacou o "respecto" co que sempre trataron con el.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE