Gran tormenta de saraiba deixa sen luz o hospital de Ourense

Unha forte tormenta con saraiba caída na tarde deste venres en Ourense deixou sen luz o Complexo Hospitalario da cidade durante uns minutos e colapsou o funcionamento do 90 por cento dos semáforos.

|






Unha forte tormenta con saraiba caída na tarde deste venres en Ourense deixou sen luz o Complexo Hospitalario da cidade durante uns minutos e colapsou o funcionamento do 90 por cento dos semáforos.


Granizada en Ourense

Segundo fontes do hospital, a caída do servizo "apenas se notou" e non causou incidencias maiores, xa que o edificio conta con xeradores autónomos e un sistema de alimentación ininterrompida para cubrir as áreas de servizos críticos como os quirófanos.

Con todo, xa se restableceu a normalidade total nas instalacións tras ser evacuada dun ascensor unha persoa por parte de operarios de seguridade e mantemento do complexo sanitario.

Así mesmo, a tormenta, que se prolongou durante uns 10 minutos, deixou sen funcionar o 90 por cento dos semáforos da cidade, os cales están a ser restituídos por traballadores do concello.

Ademais, a forte tormenta provocou dous incendios: nunha vivenda por mor da caída dun raio, que non deixou danos humanos e foi sufocado poucos minutos máis tarde de producirse, e nun transformador da Comandancia da Garda Civil, extinguido por efectivos do Corpo de Bombeiros de Ourense.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE