Máis de 1.470 firmas en dous días nunha petición contra a mina de Touro

"Fai agora cinco anos xa falabamos disto. A rede de megaminería tecíase sobre Galicia. Entón, chamábase Corcoesto. Hoxe a ameaza está sobre O Pino e Touro... de momento" 


|

Protesta en Touro contra a futura mina de cobre


Paralelamente a o aluvión de firmas entregadas pola Plataforma Mina Touro - O Pino Non á Xunta de Galicia este mércores, a propia asociación creou unha petición na internet na plataforma Change.org, a cal, en apenas dous días, alcanzou máis de 1.470 firmas


"O movemento veciñal contrario ao proxecto conseguiu o apoio de 140 asociacións, 33 concellos, 2 deputacións, máis de 26.000 firmas en papel e unha manifestación histórica que percorreu as rúas de Santiago o pasado 10 de xuño", explica o texto que acompaña á petición. 


Así mesmo, a acción online está acompañada dun novo vídeo de Mina Touro - O Pino Non realizado polas colectivo Lentes Diverxentes. "Fai agora cinco anos xa falabamos disto. A rede de megaminería tecíase sobre Galicia. Entón, chamábase Corcoesto. Hoxe a ameaza está sobre O Pino e Touro... de momento". Así empeza o anuncio que quere explicar as consecuencias da megamina de cobre. 




UN PROXECTO "INVIABLE"

Así as cousas, este mércores o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde fixo unhas declaracións que supoñen un duro golpe para a empresa mineira Atalaia Mining. Conde expuxo que "tal e como está pensado" o proxecto, "non é viable"


A pesar diso, o conselleiro anunciou que a Xunta "seguirá analizando todos os informes" para pronunciarse "cando acabe a tramitación", e que a decisión "non está tomada".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE