O Real Madrid confirma a fichaxe de Ronaldo pola Juventus

O club branco confirma cun comunicado o traspaso á Juventus atendendo á "vontade e petición " do propio xogador.


|

RealMadridPSGChampionsLeagueCristianoRonaldo


O dianteiro portugués despídese do Real Madrid. Nunha carta que o club merengue publicou na súa páxina web, Cristiano Ronaldo despídese da cidade que lle deu "posiblemente" os anos "máis felices" da súa vida. 


Así, Ronaldo expresa que só ten sentimento de "enorme agradecemento" para o club, a afección e a cidade, e agradece o agarimo recibido.


O portugués explica que a pesar de todo, chegou o momento de "abrir unha nova etapa" na súa vida e que por iso pediu ao club o seu traspaso. 


"Síntoo así e pido a todos, e moi especialmente aos nosos seguidores, que por favor me comprendan", explica Cristián.


Pola súa banda, o club confirmou o seu traspaso á Juventus, atendendo á "vontade e petición " do propio xogador. 


Este é o comunicado oficial: 


"O Real Madrid C. F. comunica que, atendendo á vontade e petición expresadas polo xogador Cristiano Ronaldo, acordou o seu traspaso á Juventus F. C.


Hoxe o Real Madrid quere expresar o seu agradecemento a un xogador que demostrou ser o mellor do mundo e que marcou unha das épocas máis brillantes da historia do noso club e do fútbol mundial.


Máis aló dos títulos conquistados, dos trofeos conseguidos e dos triunfos alcanzados nos terreos de xogo durante estes 9 anos, Cristiano Ronaldo foi un exemplo de entrega, de traballo, de responsabilidade, de talento e de superación.


Converteuse ademais no máximo goleador da historia do Real Madrid con 451 goles en 438 partidos. En total 16 títulos, entre eles 4 Copas de Europa, 3 delas consecutivas e 4 nas últimas 5 tempadas. A título individual, coa camiseta do Real Madrid gañou 4 Balóns de Ouro, 2 The Best, e 3 Botas de Ouro, entre outros moitos galardóns.


Para o Real Madrid Cristiano Ronaldo será sempre un dos seus grandes símbolos e unha referencia única para as próximas xeracións.


O Real Madrid será sempre a súa casa".


Esta é a carta íntegra de despedida do crack luso:


"Estes anos no Real Madrid, e nesta cidade de Madrid, foron posiblemente os máis felices da miña vida.


Só teño sentimentos de enorme agradecemento para este club, para esta afección e para esta cidade. Só podo dar as grazas a todos eles polo agarimo e afecto que recibín.

Con todo, creo que chegou o momento de abrir unha nova etapa na miña vida e por iso pedín ao club que acepte traspasarme. Síntoo así e pido a todos, e moi especialmente aos nosos seguidores, que por favor me comprendan.


Foron 9 anos absolutamente marabillosos. Foron 9 anos únicos. Foi para min un tempo emocionante, repleto de consideración aínda que tamén duro porque o Real Madrid é dunha altísima esixencia, pero sei moi ben que non poderei esquecer xamais que aquí gocei do Fútbol dunha maneira única.


Tiven no campo e no vestiario a uns compañeiros fabulosos, sentín a calor dunha afección incrible e xuntos conquistamos 3 Champions seguidas e 4 Champions en 5 anos. E xunto a eles ademais, a nivel individual, teño a satisfacción de gañar 4 Balóns de Ouro e 3 Botas de Ouro. Todo durante a miña etapa neste club inmenso e extraordinario.


O Real Madrid conquistou o meu corazón, e o da miña familia, e por iso máis que nunca quero dicir grazas: grazas ao club, ao Presidente, aos directivos, aos meus compañeiros, a todos os técnicos, médicos, fisios e traballadores incribles que fan que todo funcione e que están pendentes de cada detalle incansablemente.


Grazas infinitas unha vez máis aos nosos seguidores e grazas tamén ao Fútbol español. Durante estes 9 anos apaixonantes tiven enfronte a grandísimos xogadores. O meu respecto e o meu recoñecemento para todos eles.


Reflexionei moito e se que chegou o momento dun novo ciclo. Vou pero esta camiseta, este escudo e o Santiago Bernabéu seguireinos sentindo sempre como algo meu estea onde estea.


Grazas a todos e, por suposto, como dixen aquela primeira vez no noso estadio hai 9 anos: Ala Madrid!".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE