Deputado de En Marea dáse de baixa en Podemos Galicia

Pancho Casal era un dos deputados de En Marea que logrou a súa acta grazas a estar inscrito en Podemos. Era, porque o produtor audiovisual coruñés abandona o partido morado. A guerra na confluencia -dividida entre os partidarios de Luís Villares e o resto- empeza a desastibilizar o grupo parlamentario.


|

Pancho Casal era un dos deputados de En Marea que logrou a súa acta grazas a estar inscrito en Podemos. Era, porque o produtor audiovisual coruñés abandona o partido morado. A guerra na confluencia -dividida entre os partidarios de Luís Villares e o resto- empeza a desastibilizar o grupo parlamentario.


O deputado Pancho Casal pediu desvincularse institucionalmente de Podemos Galicia para, argumentou, traballar con maior independencia como integrante de En Marea na Cámara galega, ao que a dirección da formación morada contestou indicando que era incompatible con seguir sendo inscrito e obrigoulle a darse de baixa.


Pancho Casal, deputado de En Marea


Pancho Casal confirmou este martes, en declaracións aos medios, que a pasada semana pediu desvincularse do acordo institucional que a dirección de Podemos Galicia propuxo aos deputados que se presentaron ás eleccións autonómicas por En Marea pero que á súa vez son inscritos da formación morada.

Neste sentido, tal e como el mesmo explicou aos medios, a dirección que lidera Carmen Santos comunicoulle que non era compatible con seguir sendo inscrito da formación morada e non manter este vínculo concreto con Podemos Galicia, que tamén implica unha achega económica.


"Asinamos unha vinculación institucional como deputados de Podemos e a esa vinculación foi á que eu renunciei. Digamos que foi diso do que prescindín para un desenvolvemento parlamentario máis libre e tentar a portar un gran de area para solucionar a situación na que estamos", explicou Casal, nun momento no que Compostela Aberta debaterá sobre a posibilidade de impulsar a renovación da dirección do partido instrumental, que lidera Luís Villares.

A CRISE QUE DESATOU O CASO QUINTEIRO
No grupo parlamentario, de 14 membros, está a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos e outros cinco deputados, entre eles Paula Quinteiro, cuestionada polo sector de Luís Villares, que lle pediu que deixase a súa acta de deputada despois de verse envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago en marzo deste ano.

"A dirección de Podemos Galicia dixo que non era compatible seguir sendo inscrito co que pensaba", manifestou, nos corredores do Parlamento, Pancho Casal, quen sostivo que ao seu xuízo a formación morada si que segue sendo "o proxecto para desenvolver un cambio no Estado español".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE