Quen gañou as primarias do PP nas cidades e vilas de Galicia?

A exsecretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, foi a candidata máis votada na primeira volta para elixir sucesor de Mariano Rajoy en catro das sete cidades galegas, mentres que Pablo Casado foi o máis apoiado pola militancia na urbe de Vigo e a comarca de Lugo, e Soraya Sáenz de Santamaría na cidade das Burgas, Ourense.


|

A exsecretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, foi a candidata máis votada na primeira volta para elixir sucesor de Mariano Rajoy en catro das sete cidades galegas, mentres que Pablo Casado foi o máis apoiado pola militancia na urbe de Vigo e a comarca de Lugo, e Soraya Sáenz de Santamaría na cidade das Burgas, Ourense.


Así o reflicten os datos de reconto aos que tivo acceso Europa Press, un día despois de que queda ratificado que Soraya Sáenz de Santamaría e Pablo Casado pasan á segunda volta na que os compromisarios populares terán a última palabra durante o congreso dos días 20 e 21 de xullo.

A pesar da tendencia no conxunto estatal, Cospedal gañou en Galicia, sendo a máis votada en tres das catro provincias. Só en Ourense, territorio no que lidera o PP provincial Manuel Baltar, deuse a excepción e Santamaría foi a candidata máis votada.

Os datos das principais cidades galegas evidencian o apoio dun maior número a Cospedal, aínda que tamén reflicten diferenzas no sentido do voto e na posición de candidatos. Así, na cidade da Coruña, Cospedal foi a máis votada (con 85 votos), seguida de pablo Casado (9) e Santamaría (10).

No cómputo da comarca de Lugo, con todo, figura en primeiro posto Pablo Casado (con 122 votos), seguido de Cospedal (118) e Santamaría (101); mentres que en Ourense capital, aínda que cunha diferenza mínima de dous votos, Santamaría (78) adianta Cospedal (76 votos), mentres que, a máis distancia, Casado sumou 48.

En Pontevedra cidade, gañou Cospedal con 53 votos, seguida por Santamaría (46), e Casado (40); mentres que en Vigo o máis apoiado polos militantes foi Casado, seguido por Cospedal(59) e Santamaría (56); e en Ferrol Cospedal obtivo 91, Casado 85 e Santamaría 40.

VILAGARCÍA, NARÓN E ARTEIXO
En Narón manifestou que Cospedal foi a aspirante máis votada, con 22 votos, seguida dos 10 de Santamaría; e os 9 de Pablo Casado; mentres en Areteixo tamén recibiu o maior número de apoios Cospedal, seguida, a distancia, de Casado e Santamaría.

En cambio, en Vilagarcía, Santamaría foi a candidata máis apoiada, con 12 votos; aínda que Casado séguelle de preto con 11; e Cospedal obtivo tres.

En total, en Galicia houbo 3.979 votos emitidos dos 4.564 afiliados inscritos para participar na primeira volta para elixir sucesor de Mariano Rajoy (un 4,5 por cento dos 101.100 totais que computa o partido), o que supón unha participación do 87 por cento. Do total de votos emitidos, houbo 19 en branco e 7 nulos.



Infografico primarias pp

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE